Edessa, condado de

Edessa, condado de

Primeiro estado latino creado na Primeira Cruzada, ao conquistar Balduíno de Boulogne a cidade de Edessa (1098). Logo da súa elección como rei de Xerusalén (1100), sucedeuno o seu curmán Balduíno II, e máis tarde, Joscelín de Courtenay (1118-1131). O derradeiro conde foi Joscelín II, que foi derrotado e perdeu o condado fronte ao sultán de Mossul ‘Imad-al-Din Zinki I (1144).

Palabras veciñas

EDES | Edesio | Edessa | Edessa, condado de | Edetania | edetano -na | Edfelt, Johannes