Edicións Obradoiro

Edicións Obradoiro

Empresa editorial fundada en Vigo en 1974, pertencente ao grupo Santillana. Dirixida por Carme Vázquez Rodríguez, con máis de trescentos libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de libros de texto, literatura infantil e xuvenil, cartografía e dicionarios. Divide a súa produción editorial nas coleccións “Obradoiro-Alfaguara Infantil” e “Obradoiro-Alfaguara Xuvenil”.