Edito de cidadanía

Edito de cidadanía

Norma promulgada polo emperador romano Caracalla no ano 212 na que se concedía a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio Romano e se abolía a discriminación entre os itálicos e os habitantes das provincias; tamén se coñecía como Constitutio Antoniana. Supuxo a vixencia xeral do dereito romano para todo o Imperio e derrogaba os sistemas xurídicos dos distintos pobos da Hispania. O seu obxectivo principal foi incrementar a recadación de impostos mediante un incremento do número de persoas sometidas ao rexime fiscal.

Palabras veciñas

Edite | Edith | edito | Edito de cidadanía | Edito de latinidade | Edito de Milán | Edito Perpetuo