Edinburgh International Festival

Edinburgh International Festival
[ESPECT]

Festival internacional de música e teatro creado en 1947 e que incluía na súa programación espectáculos de ópera e danza. Promovido desde os seus inicios polo Concello de Edimburgo e polo Consello Escocés das Artes, desenvólvese durante o mes de agosto. Desde os seus inicios, moitos grupos decidiron presentar os seus espectáculos en espacios adaptados temporalmente como salas de teatro e o éxito foi tal que se creou un festival paralelo, denominado Fringe Festival, que constitúe un dos maiores atractivos dun programa que ofrece todo tipo de propostas vinculadas ás artes escénicas, ás que hai que sumar un Festival de Cine, un Festival de Jazz e unha Feira editorial.