Edra, pazo de ou fortaleza de Laiosa

Edra, pazo de ou fortaleza de Laiosa

Construción situada en San Martiño de Laiosa (O Incio). Ten dous pisos, patio interior con escaleira e torre de planta cadrada con dous corpos. Na fachada destaca a porta de arco de medio punto, o brasón coas armas dos Lanzó e Somoza e o corpo saínte sobre o que se sitúa un balcón. No s XVII conservaba o foxo e contrafoxo. Desde o exterior accedíase á capela, que máis tarde se converteu en trasteira. Tivo cárcere e gozou do dereito de asilo.

Palabras veciñas

edométrico -ca | edómetro | edomita | Edra, pazo de ou fortaleza de Laiosa | edrar | Edredo de Wessex | edredón