damasquino -na
damasquino -na
(< topónimo Damasco)
-
adx
Relativo ou pertencente a Damasco ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Damasco.
-
adx
Aplícase ao tecido ou a outra cousa feita coa tea denominada damasco.
Ex: Na procesión empregaron o palio damasquino que doara un dos fregueses.
-
adx
Aplícase ao aceiro das armas brancas de finos adornos e un tempero que proporciona boas calidades de flexibilidade e dureza.