Diario de Anuncios y Noticias de La Coruña
Diario de Anuncios y Noticias de La Coruña
[PUBLIC]
Periódico aparecido o 24 de novembro de 1858 na Coruña que cesou a súa edición o 12 de abril de 1866. Dirixido por Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán Salazar, contou coa colaboración de, entre outros, Antonio da Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Alejos Pita. Impreso nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, foi unha das publicacións da época con maior número de subscritores. No nº 53, en xaneiro de 1859, Antonio de la Iglesia publicou a súa composición “Ribeirana”.