eficiencia
(< lat efficientĭa)
-
s
f
Calidade de eficiente.
-
s
f
[MAT]
Cociente entre a varianza dun estimador non nesgado e a mínima varianza posible.
-
s
f
[FÍS]
Cociente entre o traballo efectuado por unha máquina e o traballo necesario para facela funcionar. Nunha máquina ideal ambas as dúas cantidades son iguais, para unha máquina real a eficiencia é sempre menor ca 1.
-
s
f
[FÍS]
Fracción da calor absorbida por unha máquina térmica que se converte en traballo. No caso dunha máquina reversible de Carnot, que absorbe a calor q 2 á temperatura T 2 , e cede calor á temperatura T 1 mentres realiza o traballo W, a eficiencia é η=W/q 2 =(T 2 -T 1 )/T 2 . Tamén se denomina rendemento.
-
eficiencia cuántica
[FÍS]
Número de parellas electrón-burato que se xeran por cada fotón incidente sobre un fotodetector.
-
eficiencia de asimilación
[ECOL]
Relación entre o alimento asimilado e o inxerido.
-
eficiencia de explotación
[ECOL]
Cociente entre o alimento inxerido e o dispoñible nun nivel trófico.
-
eficiencia ecolóxica
[ECOL]
Relación, expresada en tanto por cento, entre a produción neta dun nivel trófico e a do nivel precedente.
-
eficiencia fotosintética
[ECOL]
Relación entre a enerxía contida na materia vexetal e a enerxía solar que a produce por fotosíntese.