efluvio
(< lat effluvĭu)
-
s
m
Emisión agradable ao olfacto de partículas moi sutís que se desprenden dun corpo e se manteñen no ambiente.
Ex: No seu cuarto respírase un exquisito efluvio de papoulas.
-
s
m
Emanación ou exhalación dun cheiro desagradable.
Ex: Por aí non quero pasar porque non aturo os efluvios das cortes.
-
s
m
Irradiación de algo inmaterial que ten a súa procedencia nunha persoa ou cousa.
Ex: Aquela moza ía envolta en efluvios de simpatía. As cores verdes do cuarto transmítenme efluvios de tranquilidade.
-
s
m
[FÍS]
Tipo de descarga eléctrica nos gases ou no aire, que se caracteriza pola produción dunha luminescencia feble sen ruído nin quecemento apreciables, que se produce cando o campo eléctrico sobrepasa un determinado valor. Unha forma particular de efluvio é o efecto coroa das liñas de alta tensión.