Eirís

Eirís

Barrio da cidade da Coruña, na parroquia de Oza. Situado sobre o monte homónimo, experimentou un intenso proceso de desenvolvemento urbanístico a partir da década de 1970, cando quedou incluído no núcleo urbano coruñés, co que se conecta pola avenida de Monelos.