Eixe, O

Eixe, O

Denominación que recibiu o bloque formado pola Alemaña nazi e a Italia fascista tralo acordo de setembro de 1936. Esta alianza viuse reforzada polo Pacto Anti-Komintern xermano-xaponés (no-vembro de 1936), o Pacto de Aceiro (maio de 1939) e o tripartito entre Alemaña, Italia e Xapón (setembro de 1940). Durante a Segunda Guerra Mundial aplicouse o termo de potencias do Eixe aos tres países e mais os seus aliados (Hungría, Romanía, Eslovaquia, Bulgaria e Croacia).

Palabras veciñas

eixar | Eixarc i Bertrán, Lluís | eixe | Eixe, O | Eixe, serra do | eixido | eixo