El
El
Forma hebrea do nome xenérico coa que se designa a divindade nas linguas semíticas (ugarítico: ‘l; acadio: ilu; ár: ilāh). Na Biblia aparece tanto en nomes xeográficos (Betel) e de persoa (Emmanuel), como en formas compostas da divindade (sobre todo na de El-Šaddai ‘Deus omnipotente’).