elector -ra
(< lat electōre)
-
adx e s
Que ou quen elixe ou ten dereito a elixir.
Ex: Cada persoa é electora do seu propio destino.
-
s
m
[HIST]
Príncipe, civil ou eclesiástico, do Sacro Imperio que tiña ao seu cargo o goberno dun electorado e elixía o emperador. O seu conxunto constituía, dentro da Dieta Imperial, o colexio de electores. Orixinariamente, foron sete: tres eclesiásticos, o arcebispo de Maguncia, o de Tréveris e o de Colonia; e catro laicos, os duques de Baviera, Franconia, Saxonia e Suabia. En 1150 os duques de Baviera e Franconia foron substituídos polo rei de Bohemia e polo conde palatino do Rin, respectivamente, e posteriormente o duque de Suabia polo margrave de Brandenburgo. En 1356 Carlos IV asinou a Bula de Ouro que regulamentou a forma de elección do emperador, que durou ata a desaparición do Imperio (1806), e deulles aos electores o rango de soberanos.
-
s
[DER]
Persoa que reúne os requisitos legais esixidos para exercitar o dereito de sufraxio.
Ex: Os electores teñen que ter a maioría de idade e estar empadroados na provincia.
Sinónimos: votante.