electrodinámica

electrodinámica

(

  1. s f [FÍS]

    Parte da electricidade que estudia as accións entre as correntes eléctricas, especialmente as forzas que se exercen entre condutores polos que circula unha corrente eléctrica. De feito, constitúe un capítulo particular do electromagnetismo. Experimentalmente, pódese comprobar que correntes paralelas e do mesmo sentido se atraen, e que as de sentido contrario se repelen; a forza que se exerce entre eles vén dada polas leis de Laplace.

  2. electrodinámica cuántica [FÍS]

    Teoría cuántico-relativista da interacción materia-radiación. A clave do modelo está na idea de que a interacción electromagnética se transmite grazas ao intercambio de fotóns, que se describen mediante campos. As predicións teóricas da electrodinámica son as máis precisas da física.

  3. electrodinámica relativista [FÍS]

    Electromagnetismo formulado de acordo coa teoría da relatividade.