electroencefalograma
electroencefalograma
(
s
m
[MED]
Rexistro gráfico da actividade eléctrica do cerebro que se constitúe por oscilacións complexas e irregulares, e son o resultado da suma integrada das variacións eléctricas das neuronas, especialmente, das oscilacións do potencial de repouso da súa membrana e dos potenciais de acción. Os rexistros obtéñense mediante electrodos que se colocan no cranio e permiten o diagnóstico da epilepsia, de tumores, da dexeneración cerebral ou doutro tipo de lesións.