electroimán

electroimán

(< electro- + imán)

s m [FÍS]

Dispositivo que produce unha forza de atracción mediante un campo magnético creado por unha corrente eléctrica. Consiste, esencialmente, nunha armadura ou núcleo de ferro ou de aceiro envolto por unha ou máis bobinas. Cando se fai pasar unha corrente eléctrica pola bobina créase un campo magnético na armadura.