elevador -ra
(< lat elevātōre)
-
-
adx
Que eleva ou serve para elevar.
Ex: Necesitades utilizar a plataforma elevadora para subir esas caixas.
-
adx e s
[ANAT]
Aplícase aos músculos que teñen como finalidade elevar as partes nas que están inseridos. Os principais músculos elevadores son: o elevador común das ventas do nariz e do beizo superior, que é un músculo delgado e plano estendido verticalmente dende o ángulo interno do ollo ata o beizo superior; o elevador do ano, que é un músculo parello, ancho e delgado situado no perineo posterior e formado por unha porción superficial e outra profunda; o elevador da pálpebra superior, que é un músculo triangular que ten o vértice no fondo da órbita e a base na pálpebra superior por detrás do ligamento ancho; e o elevador propio do beizo superior, que é un músculo en forma de cinta que vai dende o extremo inferior da órbita ocular ao labio superior.
-
adx
-
s
m
[TECNOL]
Aparello empregado para elevar verticalmente ou cunha certa inclinación unha carga, como o mineral triturado nas minas, o formigón nas grandes construcións ou materiais pulverulentos. Os sistemas elevadores intermitentes, como os montacargas, funcionan como ascensores.
-
s
m
[TECNOL]
Transformador destinado a aumentar a tensión dunha corrente alterna.
-
s
m
[AERON]
Temón de profundidade ou de cabeceo.
-
s
m
[GRÁF]
Cada un dos dous mecanismos empregados na linotipia, que conducen as matrices antes e despois das operacións de xustificación e de fundición.