Elixio

Elixio
[ONOM]

Antropónimo masculino creado no latín tardío, posiblemente por etimoloxía popular; a partir do verbo latino eligěre ‘elixir’ formouse un Eligius co significado de ‘escollido, elixido’. En territorio francés este nome transformouse en Eloi e con esta forma estendeuse como nome propio. Santo Elixio de Noyon (588-659) celébrase o 1 de decembro.