embotelladora
embotelladora
(
-
s
f
Máquina automática para encher de líquido unha botella e, xeralmente, tapala con tapa ou soldadura, en certos envases de vidro ou de material plástico, e poñerlle a etiqueta. As embotelladoras son máquinas moi automatizadas que traballan por dose volumétrica. Cando se trata de bebidas carbónicas, opera normalmente a contrapresión, é dicir, antes de entrar o líquido na botella inxéctaselle aire ou ácido carbónico á mesma presión que ten o líquido no depósito de alimentación; desta maneira, conséguese un produto de mellor calidade e evítase a formación de escuma.
-
s
f
Instalación ou planta onde se embotella.
Ex: Visitaron a embotelladora de augas de Mondariz.