embude

embude

(< lat traiectorĭumimbūtum ‘conducto cheo de líquido’)

    1. s m

      Instrumento de metal, vidro ou plástico que ten a forma de cono baleiro invertido, ancho por riba e angosto por abaixo, rematado nun tubo estreito que se emprega para facilitar o transvase ou a introdución de substancias sen derramalas. No laboratorio emprégase tamén para filtrar líquidos. Hai dúas clases de embudes: os de forma alemana, dunha conicidade do 60% e rematados en forma de bico de frauta e os de forma francesa, dunha conicidade do 45% e bico tallado perpendicularmente ao eixe.

    2. embude de decantación

      Aparello de vidro en forma de pera acabado nunha billa de vidro ou teflón. Emprégase moito no proceso de extracción para separar líquidos de densidade diferente.

    3. embude de fundición

      Conduto vertical por onde se baleira o metal fundido para encher o molde.

  1. s m [XEOG]

    Depresión de pequenas dimensións con forma semellante á dun embude e con paredes en forte pendente. Fórmanse por mor do afundimento das paredes dunha sima sometidas a unha rápida disolución. É característico nas rochas moi solubles, como o sal ou o xeso.

Frases feitas

  • Lei do embude. Feito de actuar arbitrariamente alguén que ten o poder nalgún ámbito e que consiste en aplicarlles aos seus subordinados ou ao común da xente a obriga de cumprir normas ou preceptos, mentres que outras persoas achegadas a eles, ou eles mesmos, quedan eximidas do cumprimento desas obrigas.

Palabras veciñas

embruxador -ra | embruxar | embuchar | embude | embular | embulleirar | emburrar