eminencia

eminencia

(

  1. s f

    Calidade de eminente.

  2. s f

    Lugar elevado.

    Ex: Dende aquela eminencia enxergábase o río.

  3. s f

    Persoa eminente nun campo determinado.

    Ex: É unha eminencia nas matemáticas.

  4. s f [RELIX]

    Tratamento que se lles dá aos cardeais.

  5. s f [ANAT]

    Área máis elevada ou saínte da superficie dun órgano ou estrutura anatómica.

  6. eminencia gris

    Conselleiro persoal que, na sombra, inspira as decisións dun personaxe importante. O nome déuselle orixinariamente a Joseph du Tremblay, conselleiro e axente persoal do cardeal Richelieu.