emoción
emoción
(< lat emotĭōne)
s
f
Proceso e estado afectivo de intensa alteración especialmente de alegría, pesar ou ansiedade. Revela tanto unha maneira subxectiva de afrontar a realidade coma un contido de consciencia determinada. O contido caracterízase por un estado de ánimo que oscila entre o pracer e a falta de pracer e por unha reacción relativa ao obxecto que a provoca, que pode oscilar entre a atracción e a fuxida. Esta reacción, por outra parte, pode ser súbita e breve, chamada choque emocional, ou ben progresiva e estable, denominada sentimento. Cando unha emoción brusca se prolonga máis do habitual pode ter repercusións permanentes no estado físico do individuo.