emoliente

emoliente

(< lat emollĭēnte‘que amolece’)

adx e s m [MED]

Aplícase á substancia que ten a propiedade de abrandar e relaxar as partes inflamadas. É de uso externo e débelle a súa acción á propiedade que ten de reter a humidade. Os principais emolientes son o amidón e as mucilaxes da semente do liño, do malvarisco e da ervellaca. Son a base das cataplasmas ou apósitos húmidos.

Palabras veciñas

emocionante | emocionar | emodina | emoliente | emolumento | emoticon* | emotividade