empacadora
empacadora
(< empacar)
s
f
[TECNOL]
Máquina utilizada na recollida de herba seca ou palla para formar pacas. Consta fundamentalmente dun pistón alternativo horizontal que comprime a palla e dunha serie de dispositivos automáticos que separan as pacas e as atan con corda ou arame. O mecanismo de recollida está formado por un restrelo recolector e un parafuso sen fin que conduce a palla á prensa.