empanadilla
empanadilla
(< empanada)
s
f
[ALIM]
Empanada pequena de forma semicircular cun recheo que pode ser doce, de carne picada ou doutra vianda. Elabórase dobrando a masa sobre si mesma e fritíndoa en abundante aceite ben quente. Destacan entre as diversas variantes deste modelo as casadielles e bollinas asturianas, de masa de follado; os cocots valencianos, cun recheo de peixe, pemento e piñóns; e os pirogui rusos, de carne picada, cebola, outras hortalizas e queixo.