empaste

empaste

(< empastar)

  1. s m

    Acción e efecto de empastar.

  2. s m [MED]

    Material empregado para restaurar unha estrutura dental afectada de carie. Os materiais máis empregados son normalmente a amálgama de prata, o cemento de silicato, as resinas sintéticas, o ouro e a porcelana.

  3. s m [PINT]

    Unión perfecta das cores e das tintas dunha pintura.

  4. s m [PINT]

    Textura que adquire un lenzo cando se lle aplican capas de pasta de cor coa finalidade de provocar unha sensación de relevo.