empincha

empincha

(

  1. s f [PAT]

    Mancha ou erupción cutánea que se caracteriza pola presenza de pústulas ou chagas na cara e nas mans. OBS: Emprégase maioritariamente en plural.

    Ex: Tivo que ir ó médico porque se lle encheu a cara de empinchas.

    Sinónimos: empencha, empinxe, impetixe.
  2. s f

    Rivalidade ou competencia que xorde entre as persoas que perseguen a mesma cousa.

    Ex: O posto vacante provocou moitas empinchas entre os compañeiros.

    Sinónimos: empencha.

Frases feitas

  • Ir á empincha. Apostar.

  • Por empincha. Por capricho.

Palabras veciñas

empinado -da | empinante | empinar | empincha | empinxe | empioucado -da | empioucar