Empresa Nacional de Autocares SA
Empresa Nacional de Autocares SA
Nome científico:
[ENASA]
Empresa creada polo antigo Instituto Nacional de Industria (INI), con factorías en Madrid, Barcelona e Valladolid, dedicada á fabricación de camións, autobuses, autocares, tractores, vehículos militares e maquinaria de obras públicas, coa denominación comercial de Pegaso. Xurdiu en 1946 da absorción da marca automobilística Hispano Suíza. En 1990 Pegaso foi absorbida por Iveco, empresa do grupo Fiat, dedicada exclusivamente ao vehículo industrial.