en
(< lat ĭn)
-
prep
-
Expresa localización espacial no interior, na superficie ou na proximidade dun obxecto.
Ex: Vive en Cuntis. Agachouse no armario. Deitouse na cama. Deixou a bicicleta na árbore do xardín.
-
Indica localización temporal dentro dun período de tempo ou nun prazo determinado.
Ex: Morreu no ano 1993. Casaran na primavera.
-
Indica localización nocional.
Ex: Vive na miseria. Neses temas non entro. É agradable no falar. A responsabilidade é túa en non prever esa posibilidade. Está metido en política.
-
-
prep
Expresa valor modal (
Ex: Bañábase en coiros) e moitas veces forma parte de locucións adverbiais (Ex: en serio, en balde, en xeral, etc). OBS: Con este valor pode alternar coa prep de, e o substantivo que o segue vai sen artigo. Ex: Pintouno en/de cores claras.
-
prep
Expresa materia.
Ex: Fixo unha casa en granito. Pronunciou a conferencia en francés. OBS: Se se indica unha transformación, introdúcese un substantivo que designa o resultado final. Ex: O mago volveu o chumbo en ouro.
-
prep
Indica medio.
Ex: Viaxou en barco.
-
prep
Indica o prezo ou valor de algo.
Ex: Deixoullo en poucos cartos.
-
prep
Indica que o suxeito ten ou fai algo por si mesmo cando aparece en construcións introducidas pola preposición por +
Ex: Debes facer iso en por ti. Ten moitos bens en por si.
-
prep
Indica movemento.
Ex: Ían dunha casa noutra. Estaban perdidos e foron dar no mercado. OBS: Na construción ir en, con verbo en presente ou copretérito, expresa aspecto perfectivo na acción verbal e repouso na terminación do movemento indicado trala preposición. Ex: Vai na escola.
-
prep
Equivale a por con verbos que indican percepción.
Ex: Sóubeno no seu mirar. Recoñecino no aroma que desprendía.
-
prep
Expresa unha acción en desenvolvemento con verbos en estruturas transitivas que permiten que a acción se estenda no tempo porque dura ou se repite.
Ex: Segaron na herba. Comen no caldo.
-
prep
Constitúe o réxime verbal dalgúns verbos.
Ex: Cría moito nela. Pensei en todo iso.
-
prep
Expresa acción rematada cando vai con xerundio.
Ex: En rematando o traballo irei contigo.
-
prep
Precede a un infinitivo en enunciados que expresan unha medición ou valoración do tempo que dura a acción verbal.
Ex: Aínda tardarán en escribir. Váiselle a forza en falar. OBS: A preposición en contrae co artigo determinado (o, a, os, as) e dá lugar ás formas no, na, nos e nas; co artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) e dá lugar a nun, nunha, nuns e nunhas; coas formas tónicas do pronome persoal de terceira persoa (el, ela, eles, elas) e dá lugar a nel, nela, neles e nelas; cos demostrativos (este, ese, aquel, isto...; estoutro, esoutro, aqueloutro) e dá lugar a neste, nese..., nestoutro, nesoutro, naqueloutro; e cos cuantificadores (algún e outro) e dá lugar a nalgún, noutro.