enantiómero -ra
enantiómero -ra
(< enantio- + -mero)
adx e s
m
[QUÍM]
Aplícase a cada un dos dous estereoisómeros ópticos que son mutuamente imaxe especular un do outro. As propiedades físicas e químicas dos dous compostos son iguais, coa excepción da súa interacción coa luz polarizada e do seu comportamento fronte a outras moléculas opticamente activas. Tamén se coñece como antípoda óptico.