encadeamento

encadeamento

(

  1. s m

    Acción e efecto de encadear ou encadearse.

  2. s m [IMAX]

    Recurso cinematográfico que consiste na desaparición gradual dunha imaxe e na aparición, tamén de xeito gradual, doutra imaxe diferente a continuación desa primeira. Durante algúns minutos prodúcese unha sobreimpresión.

  3. s m [INFORM]
    1. Método polo que o procesamento dun elemento prepara o procesamento do elemento seguinte.

    2. Enlace que conecta ficheiros.

  4. s m [MÚS]
    1. Unión directa de dous ou máis acordes. Segundo a harmonía clásica, había que elixir cada acorde en función do precedente e do sucesivo.

    2. Unión entre dous movementos dunha composición que habitualmente irían separados.

  5. s m [ESPECT]

    Conxunto de pasos que constitúen unha fase dunha coreografía.

  6. s m [LING]

    Proceso de cambio semántico que Arsène Darmesteter define como aquela palabra que esquece o seu sentido primitivo para pasar a un segundo obxecto; despois o nome pasa do segundo obxecto a un terceiro, coa axuda dun carácter novo que tamén se esquece, e así sucesivamente.

  7. s m [LING]

    Proceso semántico que, segundo Uriel Weinreich, leva á formación de grupos de trazos semánticos non ordenados. A súa teoría semántica intenta explicar cómo o sentido dunha oración, cunha estrutura xa determinada, depende dunha determinación completa do sentido dos seus elementos. O proceso de encadeamento, que se opón ao de incrustación, é o resultado dunha conxunción gramatical de unidades que orixina un produto lóxico das designacións, é dicir, das condicións que fan que as unidades en presencia denoten realidades extralingüísticas. Por exemplo, pode supoñerse que para que o signo cadeira denote cada unha das cadeiras que poden existir na realidade extralingüística sexa necesario atribuírlle semas como “con patas”, “con respaldo”; e que para que verde denote, haxa que atribuírlle os semas “color” (clasema) e, por exemplo, azul. Polo tanto, hai para cadeira un conxunto de condicións de denotación, que se poden designar como C 1 , C 2 , C 3 , e para verde C 4 , C 5 , C 6 . Neste caso a expresión gramatical cadeira verde deberá corresponderse a todas as condicións anteriormente presentadas (C 1 ,..., C 6 ). É dicir, que unha cadeira verde deberá ser totalmente cadeira e enteiramente verde.

  8. encadeamento de respostas [PSIC]

    Técnica en que se unen varias asociacións E-R (estímulo-resposta) previamente aprendidas nunha secuencia ordenada. Deste modo, unha primeira resposta provoca unha segunda, e así sucesivamente ata que se complete a secuencia enteira.

Palabras veciñas

encabuxamento | encabuxar | encadeado -da | encadeamento | encadear | encadernación | encadernador -ra