encerado -da

encerado -da

(< encerar)

  1. p reg

    de encerar.

  2. adx

    Que ten a cor da cera.

  3. s m
    1. Placa de lousa preparada para escribir ou debuxar nela con xiz.

    2. Superficie pintada de negro ou dunha cor escura para escribir ou debuxar nela con xiz, ou de cor clara para pintar ou debuxar nela con rotuladores especiais.

  4. s m
    1. Tea ou papel cuberto de cera ou dunha substancia impermeable que cobre pavimentos ou outras superficies.

    2. Tecido impregnado con cera ou cunha mestura de alcatrán que se emprega principalmente para resgardar mercadorías almacenadas ao aire libre, tapar embarcacións e, en xeral, como cobertor contra a chuvia e a intemperie.

Palabras veciñas

encepadura | encepar | encepelar | encerado -da | encerador -ra | enceradora | enceradura