endemia

endemia

(< gr ἐνδημία, de ἐν ‘en’ + δῆμος ‘pobo’)

s f [PAT]

Calquera enfermidade que afecta con carácter permanente ou repetitivo a unha determinada zona xeográfica. As endemias, xeralmente infecciosas, teñen por focos unhas condicións ambientais que favorecen a conservación da enfermidade. Un exemplo deste tipo é a malaria, que afecta a rexións pantanosas. Outro tipo de endemias, as discrásicas, débense principalmente a hábitos alimentarios que levan a estados de carencia nutricional, como é o caso do bocio. En determinadas condicións, as endemias infecciosas pódense converter en epidemias.

Palabras veciñas

Endego | endelgar | Endell, August | endemia | endémico -ca | endemismo | endemoñado -da