endocéntrico -ca

endocéntrico -ca

( 1 céntrico)

adx [LING]

Aplícase ao sintagma ou construción sintáctica en que a súa función ou distribución é idéntica á de, polo menos, un dos seus constituíntes. Por exemplo na oración O gato negro está enfurruñado, a frase nominal O gato negro é endocéntrica con relación ao seu constituínte o gato, xa que ten a mesma distribución (a mesma función) ca a frase nominal o gato (O gato está enfurruñado). OBS: Oponse ao termo exocéntrico.

Palabras veciñas

endocardite | endocarpio | endocarpo | endocéntrico -ca | endocistite | endocitose | endocolpite