endoderma

endoderma

(< endo- + -derma)

  1. s m [BIOL]

    endoblasto.

  2. s m [BOT]

    Tecido vexetal formado por unha capa dun só estracto de células, situado por enriba do periciclo e por debaixo do parénquima cortical. Regula o paso de materiais que entran e saen do sistema vascular. É característico das raíces, aínda que tamén se pode ver no talo dalgunhas plantas.