endonuclease

endonuclease

(

  1. s f [BIOQ]

    Enzimas da clase das hidrolases que catalizan a escisión de forma inespecífica dos ácidos nucleicos mediante a hidrólise dos enlaces fosfodiéster en posicións internas da molécula.

  2. endonuclease de restrición [BIOQ]

    Tipos de endonucleases que recoñecen secuencias específicas de bases do ADN, como posicións de metilación ou secuencias palindrómicas, ás que cortan en lugares ben determinados; esta escisión aféctalles ás dúas cadeas, sexa á altura da mesma parella de bases, sexa deixando libres dúas curtas secuencias complementarias. In vivo, constitúen unha protección da célula fronte á invasión dun DNA alleo. Coñécense un centenar delas diferentes, case todas de orixe microbiana. O nome que reciben depende do organismo do que proceden; por exemplo, EcoRI procede de E. coliHindIII procede de H. influenzae, etc. Constitúen unha base operativa fundamental en enxeñería xenética e en biotecnoloxía. O seu descubrimento valeulle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía a W. Arber, H. O. Smith e D. Nathans en 1978. Tamén reciben o nome de enzimas de restrición.

Palabras veciñas

endonártex | endonártice | endoneuro | endonuclease | endoparasito -ta | endopeptidase | endoperidio