endorfina

endorfina

(

s f [BIOQ]

Nome xenérico dun número de substancias de natureza peptídica, de acción semellante á da morfina, aínda que teñen unha actividade vinte veces máis potente, e unha vida media próxima dunha hora. Están presentes no sistema nervioso, especialmente na glándula pituitaria e no hipotálamo. Estes péptidos opiáceos, que actúan como neurotransmisores, teñen efectos sobre o comportamento e o control da dor e propiedades analxésicas similares ás das encefalinas.