Endovélico

Endovélico

ou Enobólico Deus prerromano dos bosques, protector da saúde. Recóllese en numerosas inscricións da Lusitania. No período romano identificouse con Esculapio. Acostuma aparecer representado por un porco bravo.