endóxeo -a

endóxeo -a

(< endo- + -xeo)

adx [ECOL]

Organismo que vive no solo a unha certa profundidade, entre 1 e 2 m, como é o caso de gran número de bacterias e fungos e de animais, como algúns coleópteros e anélidos. Estes últimos aliméntanse da materia orgánica arrastrada polo lavado das chuvias, teñen taxas de reprodución moito máis baixas ca outras miñocas, non desenvolven pigmentos protectores e, en vez de curtos túneles verticais, fan galerías horizontais que superan o centenar de   metros.