endrina
endrina
(
s
f
[QUÍM]
Hidrocarburo clorado que se presenta en forma de po cristalino e incoloro. Practicamente insoluble en auga, disólvese en etanol, hidrocarburos aromáticos, ésteres e cetonas. Análogo á aldrina e á dieldrina, pero menos persistente, emprégase como praguicida principalmente en cultivos de cereais. Presenta unha enorme toxicidade.