enésimo -ma

enésimo -ma

(< ene + -ésimo)

  1. adx [MAT]

    Nunha serie ou sucesión indefinidas, aplícase ao termo que ocupa un lugar xeral indeterminado, designado pola letra n.

  2. adx e s [MAT]

    Aplícase a cada unha das partes dunha cantidade dividida nun número indeterminado de partes iguais designado pola letra n.

  3. adx [MAT]

    Aplícase a unha potencia, raíz, orde de derivación, etc, indeterminados.

  4. adx

    Aplícase a unha cousa que se engade a moitas outras idénticas.

    Ex: Díxenche por enésima vez que veñas.

Palabras veciñas

Enes, António José | Enescu, George | Enesidemo | enésimo -ma | Enewetak | enfadadizo -za | enfadar