enfático -ca

enfático -ca

(< gr ἐμϕατικός)

  1. adx
    1. Que ten ou denota énfase.

      Ex: O seu ton enfático non deixou indiferente a ninguén.

    2. Aplícase á persoa que se expresa con énfase.

      Ex: O presidente enfático sinalou que se debía buscar unha solución ó problema.

  2. adx [LING]

    Aplícase ás partículas ou expresións gramaticais que se intercalan na linguaxe para acentuar a expresión. Por exemplo, poden ter valor enfático as formas pois, non si? ou algúns usos dos pronomes persoais (Ela o contou).

  3. adx [LING]

    Aplícase ás consoantes, características das linguas semíticas e especialmente do árabe, que se articulan mediante un estreitamento da farinxe.

Palabras veciñas

enfarrañar | énfase | enfastiar | enfático -ca | enfaxeirar | enfebrecer | enfeitar