Enfeudados, Os

Enfeudados, Os

Grupo de deputados galegos que posuían o dominio absoluto nos seus distritos electorais. Representantes do moderantismo político, e na súa maioría con dilatada experiencia política, utilizaban os seus respectivos distritos como feudos electorais, obtendo nos diferentes comicios as súas actas de deputado, non sempre de xeito ortodoxo. Colaboraron activamente na política da Unión Liberal (1858-1863), que os atraeu para acadar a súa maioría electoral, e apoiaron as manobras electorais de José Posada Herrera, ministro da Gobernación e home de confianza de O’Donnell, a cambio da súa inclusión nas listas ministeriais. Destacaron, entre outros, Teófilo Rodríguez Vaamonde en Ribadavia, Alexandre Castro en Caldas de Reis, Armada Valdés en Santiago de Compostela, Xoaquín Barreiro en Arzúa, R. Neira Montenegro en Lugo, Xosé María Pardo Montenegro en Vilalba, Miguel Rodríguez Guerra en Chantada e os irmáns Yáñez Ribadeneira en Monforte e Verín, respectivamente.

Palabras veciñas

Enfesta | Enfesta, A | enfesto -ta | Enfeudados, Os | enfeudamento | enfeudar | enfexar