enfisema

enfisema

(< lat emphysēma < grἐμϕύσημα ‘inchazón’)

  1. s m [PAT]

    Presencia anormal de aire ou de gas nos tecidos orgánicos, o que provoca a distensión dos mesmos.

  2. enfisema pulmonar [PAT]

    Enfermidade do pulmón que se caracteriza por unha dilatación moi grande e permanente dos alvéolos pulmonares, con atrofia e destrución dos mesmos. Esta lesión provoca un incremento do espazo aéreo do pulmón, co que diminúe a superficie total de contacto do aire co sangue e, xa que logo, dificulta o intercambio gasoso. A sintomatoloxía clínica a miúdo vai acompañada de bronquite crónica, co que se orixina o que se coñece co nome de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.

  3. enfisema subcutáneo [PAT]

    Presencia de aire ou de gas entre o tecido conxuntivo subcutáneo, que se recoñece facilmente pola tumefación e a crepitación que se produce ao palpar cos dedos a zona afectada. Pode ser consecuencia de lesións traumáticas, intervencións cirúrxicas ou infeccións por xermes produtores de gas, como é o caso da gangrena gasosa.

Palabras veciñas

enfilación | enfilado -da | enfilar | enfisema | enfisematoso -sa | enfistular | enfiteuse