Engracia
Engracia
[ONOM]
Antropónimo feminino de orixe cristiá que fai referencia ao estado de graza divina e que procede do latín in gratia ‘en gracia’. Santa Engracia de Braga (ss III-IV) celébrase o 3 de abril, aínda que a tradición popular fala do 16 de abril: “Santa Engracia, a xentil, o dezaseis de abril. Dazaseis de abril, santa Engracia a xentil”. Hai outra santa Engracia que era irmá de san Valentín. Santa Engracia é patroa do concello de Chandrexa de Queixa, na Terra de Trives, onde a celebran o 20 de maio.