ENIAC
ENIAC
Ordenador construído nos EE UU entre 1942 e 1946 baixo a dirección de John W. Mauchly e J. Presper Eckhert. O seu funcionamento baseábase na numeración decimal e para programalo había que mover manualmente unha serie de cables que se enchufaban en placas de circuítos. Ocupaba unha superficie de 150 m2 e pesaba 30 t. Incluía 18.000 válvulas de baleiro, 17.000 tubos de aspiración, 70.000 resistencias e 6.000 conmutadores. Aínda que se fala del como o primeiro ordenador do mundo, hai quen lle atribúe esa condición á Atanasoff-Berry Computer (ABC), construída en 1941 por John Atanasoff e Clifford Berry.