Enríquez Villamarín

Enríquez Villamarín

Imprenta constituída en Lugo no ano 1867 por Balbino Enríquez e Antonio Villamarín Montenegro. A partir de 1872 pasou a ser propiedade de Antonio Villamarín. Nos seus obradoiros tipográficos imprimiuse El Progreso (1867-1868), El Eco de Galicia e numerosos folletos e libros, da autoría de Castro Bolaño, Aurelio X. Pereira, Villamil e Castro e Besteiro Torres.