entado -da

entado -da

(< fr enté ‘enxertado’)

    1. adx

      Aplícase á peza que ten os perfís exteriores torcidos e encravados uns nos outros en forma de caravillas, de maneira que as caravillas dun perfil se corresponden cos espacios baleiros do outro.

    2. adx

      Aplícase á peza dividida horizontalmente en dúas partes iguais por unha liña curvada en forma de caravilla e de esmaltes diferentes.

    3. adx [HERÁLD]

      Aplícase á partición irregular, colocada na punta do escudo, que ten os lados curvos, unidos no punto central da liña que delimita a punta.

    4. entado en punta

      Aplícase ao escudo que ten un triángulo curvilíneo co seu vértice no centro del e a súa base na parte inferior do mesmo. Tamén se denomina punta entrada en xirón.

    5. entado en punta e caído

      Aplícase ao escudo que ten un triángulo curvilíneo co seu vértice no terzo inferior do escudo e a súa base na parte baixa do mesmo.

    6. entado en xefe

      Aplícase ao escudo que ten un triángulo curvilíneo co seu vértice no centro do escudo e a súa base na parte superior do mesmo. Tamén se denomina cuartel en aspa.

    7. entado en xefe e alzado

      Aplícase ao triángulo curvilíneo co seu vértice no centro da liña inferior do xefe e a súa base nos extremos superiores do mesmo.

  1. cruz entada [HERÁLD]

    Cruz composta de pezas redondas encaixadas unhas nas outras e de esmaltes contrarios.

Palabras veciñas

enta | entaboamento | entaboar | entado -da | entaladura | entalameirar | entalar