Entarte Kunst

Entarte Kunst

Termo que a ideoloxía nazi aplicou a todas as manifestacións artísticas que se desviaron dos canons e das doutrinas oficiais. Foi un instrumento máis da propaganda nazi que afectou ás belas artes, á literatura, á música, ao cine, ao teatro, á prensa, á decoración e á publicidade. Declarouse dexenerado o cubismo, o surrealismo e calquera outra corrente vangardista, debido a que xurdiran dunha sociedade bolxevique e xudaizante. Alfred Rosenberg, un dos principais teóricos do nazismo, afirmou que a rexeneración do pobo esixía a da súa cultura e a destrución de todas as obras e artistas que impedían a purificación. Deste xeito, apropiáronse de obras, tanto de artistas alemáns como estranxeiros, pertencentes a coleccións privadas e públicas. Con elas realizouse unha exposición en Berlín en 1934 na busca do seu público desprezo. Algunhas obras poxáronse en Lucerna, outras vendéronse no estranxeiro e un gran número delas queimáronse en 1939. En 1993 celebrouse en Berlín unha exposición de desagravio que percorreu diversos países, entre eles España.

Palabras veciñas

entangarañar | entanguecer | entapuzar | Entarte Kunst | éntase | ente | 2 enteado