Entente, Pequena
Entente, Pequena
Alianza entre Checoslovaquia, Iusgoslavia e Romanía establecida a través de acordos bilaterais asinados nos anos 1920 e 1921, cos que se impedía a coalición danubiana favorable ao Imperio Austro-húngaro. Foi apoiada sobre todo por Francia, que intentaba impedir a expansión de Alemaña e illar a URSS. Desapareceu en 1939 trala invasión nazi de Checoslovaquia.